¡¡ INSCRÍBETE !!
Hai máis de 50 millóns de liñas telefónicas tan só no noso país e o número de usuarios con acceso a internet estase a incrementar a pasos axigantados sendo os móbiles un dos aparellos máis empregados pola meirande parte dos cidadáns… cómo chegar a eles a través destes dispositivos é un dos principais obxectivos dos grandes anunciantes.
O Marketing Móbil estase a converter nunha ferramenta indispensable en calquera campaña publicitaria. As grandes axencias e os departamentos de marketing das empresas máis destacadas xa son coñecedoras do potencial desta nova forma de facer publicidade… pero implantouse o Marketing Móbil en Galicia? utilizan os anunciantes e axencias galegas esta importante ferramenta?.
Este curso vai dirixido a todos os profesionais do sector do marketing e publicidade que desexen descubrir as moitas posibilidades que ofrece o Marketing Móbil á hora de promover produtos ou mellorar a imaxe corporativa de calquera institución, un valor engadido obrigado no novo contexto publicitario.
PROGRAMA
PARTE TEÓRICA – MOSTRA DE CAMPAÑAS
-Qué consideramos Marketing Móbil? Cómo unha simple VCard nun código QR convértese en MMK.
-Fundamentos básicos que se deben ter en conta á hora de crear unha estratexia de Marketing Móbil.
-Qué se pode facer?: Tecnoloxías, tipos de marketing, distribución (ADMOB, markets, sms, QR, Social Media)
-Mellor APP ou Web APP?
-Tipo de campañas nacionais e internacionais. Qué tipo de contidos e tecnoloxías utilizan.
-Que non nos enganen: mitos e medias verdades sobre a realidade do marketing móbil.
-Ferramentas e plataformas existentes para o desenvolvemento de Marketing Móbil (que non é o mesmo que desenvolvemento de aplicacións).
PARTE PRÁCTICA - USO DUNHA FERRAMENTA A TRAVÉS DA CAL MONTAREMOS UNHA PEQUENA ACCIÓN DE MARKETING MÓBIL (DISTRIBUCIÓN DUNHA APLICACIÓN…)
-Explicación da Práctica: Deseño e distribución dunha aplicación interactiva a través de códigos QR, de SMS, e de REDES SOCIAIS.
-Deseño da interface de usuario:Formatos de Imaxe
- Usabilidade.
- Contraste da cor.
- Resolución
- Tamaño de pantalla existente.
-Estrutura da aplicación:
- Menús e submenús.
- Opcións (Click to call, acceso a vídeos e audios, acceso a Realidade Aumentada, xeolocalización).
- Cómo acceder a contidos en función do terminal que os vaia a visualizar.
-Xeración de versión para distintos modelos. Vista en emulador e correción.
-Persoalización da distribución. Ónde aplico cada posibilidade?
- Pop-up para web e Social Media.
- SMS-PULL
- SMS-PUSH
- QR Codeas
- Integrando diferentes sistemas de distribución nunha acción de Marketing (offline-Social, Media-Mobile ou TV Interactiva).
-Obtención de estatísticas de descarga. Cándo e dende onde se descargaron a nosa aplicación.
-Uso de números de móbil para posteriores accións de Marketing vía alertas sms.
-Xeración de informes de resultados. Dous conceptos básicos: Ratio de Apertura e Ratio de conversión.
DOCENTE
Lolo Rey
Experto en tecnoloxías móbiles, conta cunha ampla experiencia en desenvolvemento de ferramentas multiplataforma e campañas en marketing móbil.
Dirixe Loro Estudo, o único estudo dedicado integramente á marketing móbil en Galicia dende hai máis de 7 anos. Recibiu numerosos recoñecementos polo seu labor neste campo e impartiu numerosos cursos desta materia.
Desenvolveu en colaboración con TVG proxectos de televisión interactiva baixo o estándar MHP.
TITULACIÓN OBTIDA:
Certificado de Asistencia da Asociación Galega para a Formación do Sector Publicitario para unha asistencia mínima do 65%.
DATAS E LUGARES DE IMPARTICIÓN:
Sábado 5 de maio de 2012 de 10 a 14 h.
Lugar:
Aula Formación Agafpu
Avda. Rosalía de Castro 42-bajo, Santiago de Compostela.
MATRÍCULA:
O custo do curso é de 45 €. Reservarase praza por estrito orde de inscrición.
Data límite para matricularse: 27 de abril.
Para formalizar ás matrículas ou recibir máis información:
agafpu@gmail.com
Telf.: 680 273608






















